Вход на сайт

Просмотр новости

Найдите то, что Вас интересует

Outeiros sacros na paisaxe e para a paisanaxe galega

Дата публикации: 18-09-2026 04:00:54

Son fáciles de ollar, outeiros, altares, picos, faros, fachos... erguidos, apuntando ao ceo entre a foresta e os caprichosos penedos da paisaxe galega. E así aparecen naquelas pinturas de creadores que buscaron o espírito de Galiza. Os nosos sacred landscape, espazos aos que se lle outorgan valores sacros, espirituais, relixiosos e sobre os que se rousea certa aura mitolóxica. Noutrora orientando ao viaxeiro na incerteza da paisaxe, tan divulgados en culturas cos que Galiza comparte raiceiras panceltistas, o camiño do Atlántico, arqueoloxías e tradicións. E un cavila nos míticos Himalaias, no Ararat, no Sinaí, no Nemrut Dağı, como mesmo no Fuxi, no Ulurú e como non, nos máis achegados, como o Monsegur cátaro, Monserrat... e tantos, tamén de Galiza, algúns dos que falaremos abaixo. Montes aos que noutrora, en tempo de festa subían os fregueses en procesión, portando os seus estandartes e santos. Así se fai no Aquiana sobre o Val do Silencio en terras bercianas. E así o viu e contaba Otero Pedrayo como nas veciñas parroquias da súa Trasalba, pola banda de Punxín, Freas e Listanco, en ringleira, con canto e gaitas, camiñaban cara ao alto do monte do San Trocado.

Основное содержимое страницы с новостью.

Son fáciles de ollar, outeiros, altares, picos, faros, fachos... erguidos, apuntando ao ceo entre a foresta e os caprichosos penedos da paisaxe galega. E así aparecen naquelas pinturas de creadores que buscaron o espírito de Galiza. Os nosos sacred landscape, espazos aos que se lle outorgan valores sacros, espirituais, relixiosos e sobre os que se rousea certa aura mitolóxica. Noutrora orientando ao viaxeiro na incerteza da paisaxe, tan divulgados en culturas cos que Galiza comparte raiceiras panceltistas, o camiño do Atlántico, arqueoloxías e tradicións. E un cavila nos míticos Himalaias, no Ararat, no Sinaí, no Nemrut Dağı, como mesmo no Fuxi, no Ulurú e como non, nos máis achegados, como o Monsegur cátaro, Monserrat... e tantos, tamén de Galiza, algúns dos que falaremos abaixo. Montes aos que noutrora, en tempo de festa subían os fregueses en procesión, portando os seus estandartes e santos. Así se fai no Aquiana sobre o Val do Silencio en terras bercianas. E así o viu e contaba Otero Pedrayo como nas veciñas parroquias da súa Trasalba, pola banda de Punxín, Freas e Listanco, en ringleira, con canto e gaitas, camiñaban cara ao alto do monte do San Trocado.

Pico SaCro, capela do San Sebastián e paso da Raíña Lupa

Pico SaCro, capela do San Sebastián e paso da Raíña Lupa / Felipe Senén

Altares nos que recibiron cultos prerromanos, os que os mesmos romanos dirían celtas, a divindades indíxenas das que sabemos algúns nomes, moitas delas acuáticas, pois nos montes están as fontes dos ríos, como Edovius en relación con caldas, Salama, Navia, Coventina, a Reve das Burgas e do Castelo Cabeço das Fraguas, terras lusas do concello de Sabugal (A Guarda) documentando a suovetaurilia, o sacrificio do carneiro, o porco e o boi, como entre os penedos das Panoias, tamén no Vale de Nogueiras, da portuguesa Vila Real, a presencia de espazos para sacrificios ao deus Serapis (unha mestura das divindades, Osiris e Apis). Aínda que o que nos trae aquí son divindades indíxenas asociadas con montes significativos como Laroucus Candiedo, Saelemus, Tilenus, Susarrus, Dercetio, Tullonium, Lucus, Neme... que mesmo darán topónimo. Asumindo que os romanos, igual que fixeron con outras culturas, sincretizarían estas divindades coas súas, especialmente co deus da luz, do raio e das alturas, Xúpiter, pero tamén con Marte, o deus defensivo e da guerra. E do mesmo xeito fará a misión cristián, mudando aqueles nomes para poñelos en relación con San Pedro, con Santos Mártires ou coas diferentes advocacións da Virxe. Universo no que nos enguedella a arqueóloga Mª. Lourdes Albertos Firmat, autora de El culto a los montes entre los galaicos, astures y berones y algunas de las deidades más significativas (1974).

Cultos animistas aos montes de Gallaecia, anatemizados no sc. VI por Martiño de Dume

Cultos animistas contra os que arremeteu o misioneiro cristianizador da Gallaecia Sueva, o panonio (Hungría) Martiño de Dume ou de Braga, de familia de funcionarios romanos, formado en oriente, na cultura grecolatina, tal como conta Gregorio de Tours, aquel seguidor do seu homónimo e paisano o cristianizador dos celtas galos, Martiño de Tours, ambos considerados entre os Pais da igrexa e do que trouxo reliquias a Ourense e curando con elas ao fillo do rei suevo Carriarico. Feito que se entendeu como un milagre e polo cal os suevos abandonan o arrianismo. Pasando o De Dume a coñecerse como o Apóstolo dos suevos, teimoso en rematar coas vellas devocións panteístas, as que xa mesmo foran reconvertidas á cristiandade por Prisciliano. Así é que no II Concilio de Braga, ano 572, os bispos presididos polo de Dume, encamiñaranse a visitar esas organizacións de antigas raiceiras, castrexas e romanas, esenciais á Gallaecia e que darán orixe ás parroquias, a fin de ensinar e celebrar os novos símbolos da cristiandade e o uso dos sacramentos. Ao respecto o bispo de Astorga Polemio pídelle a Martín de Dume unha guía... e velaí o de Correctiones Rusticorum, coñecido tamén como De origine idolorum, ofrecendo leis disciplinares en contra da maxia e da superstición, sobre as costumes rústicas, a adoración ás fontes, ríos, penedas, bosques, montes, os cultos aos astros... Texto no que a influencia De Catechizandis rudibus de Agostiño de Hipona faise patente. Sendo un xeito de anatemizar a adoración a antigos ídolos, como de invocar, venerar e mesmo facer sacrificios. Di, máis parte do culto aos anxos caídos ao Caos, precipitados por soberbia, símbolos do mal, afastados da veneración a Deus da harmonía cósmica. Demos, herdeiros de cultos como a Xúpiter, Mercurio, Saturno, Venus... os que perverten á xente infiel, a que non sabe protexerse co símbolo da cruz, di. E os dous Martiños , Gregorio de Tours e os seus seguidores, alí por onde pasan e se venera a deuses pagáns, farán misións e erguerán sartego e templos cristiáns, permitindo que se faga romaría.

Facho de Donón e illas Cíes

Facho de Donón e illas Cíes / Felipe Senén

Moitos castros, que o popular dicía habitados polos mouros (moneo: os da memoria) foron cristianizados cunha capela, velaquí algúns: o Castro de Ourazo en Silleda, o Castriño de San Antoíño de Campo Lameiro, na Lama o Monte do Castro, o Castro de Troña en Mondariz, o da Ermida en Quiroga, onde apareceu o Crismón, sc. V; o Castro onde o Lor verte no Sil... O castro de Altamira, en Taboexa, o da Lanzada, dedicado á Virxe, con tantas tradicións en relación co culto ás nove ondas salutiferas do mar... como Santa Comba de Covas, no Ferrol.

Faros, fachos, visos, altamira... referentes, orientadores no pasado para quen camiña

Pegadas destes cultos que a arqueoloxía atopa en outeiros de amplos horizontes, por algo denominados Viso, como o estudado por Xocas na súa terra de Lobeira; Altamira, como o de Brión, sobre o que campa o Castelo, berce da casa de Trastámara... tamén a Guía, como o tómbolo que, de Rande, abre ao mar de Vigo. O Santuario da Xestosa no Faro (O Covelo), o Facho de Donón apuntando ás Cíes, con probas do culto á divindade indíxena Berobreo; e mesmo o abundante topónimo Moureira, (repetimos, en relación co verbo moneo, monte de vistas, orientador), sobre Ponteareas a Picaraña, coroada de penedos de estrañas formas. Sobre o Carballiño a Madanela, nas inmediacións dun emporio aurífero romano, San Fins no Val de Deva, Santa Mariña no Cando, Os Ánxeles (Escuadro A Lama) San Bieito da Uceira en Sandiás, o Castelo do Santo Andro de Trasmirás, a Pena Furada de Coirós coa súa moura... Nas terras de Salvaterra o Monte Castelo, coa Cova e veneración da Virxe da Asunción; o Neme en Bergantiños, o Corzán, sobre Negreira e o Xallas, tan referido por Murguía, Larouco.

Velaí sobre a paisaxe compostelán, orientando nos camiños que nos aproximan á tumba do Apóstolo, o Pico Sagro, coa capela na que se venera ao San Sebastián, dende o que se outea ese outro monte sacro, o Faro de Chantada dedicado á Virxe María, como unha Venus. En terras ourensáns, encrucillada dos ribeiros do Barbantiño e o Miño o agudo Monte do San Trocado, inmediato ao castro da Cidade de San Cibrao das Lás, ben coñecido por Otero Pedrayo e á vista dende a súa casa de Trasalba, igual que o Coto de Novelle, como il dicía, coa súa silueta de mucho, outeando a confluencia do Avia, Miño e Arnoia... o Paradanta da venerada Virxe da Franqueira, a serra do Larouco, con divindade propia, a Serra bracarense do Gerês, con tanto monte agudo, como Pitôes das Junhas, o Leboreiro da Peneda con santuario e concorrida romaría. E sobre as terras ourensáns e as súas ribeiras sacras, orientando a Vía Nova, a XVIII Brácara- Astúrica, o Monte de San Mamede coa capela deste santo e a fonte que fixo abrollar, e nesa Gallaecia Romana e altomedieval, de lindeiros aínda non ben definidos, os da Asturicense, o Mons Tilenus tamén con divindade propia.

Ríos Sil e Miño, abeirados de montes sacros: dende o Tegra, castro e santuario cristianizado que vixía o Ostium Minium, as portas do Miño... como sobre Tui o Aloia coa capela de San Xiao, coa cama do Santo (sartego do ermitán) , a que lembra á capela do San Guillermo sobre o cabo Fisterra, outeando ao mítico e tan cristianizado Monte Pindo, os Penedos de Traba... Como sobre a desembocadura do Eume o Breamo; e furando na espesura da fraga deste río o enigmático outeiro e mosteiro de Caaveiro ... E velaí nas proximidades da Coruña, en terras de Culleredo, mirando ao Xalo, o castriño do San Cosme, paisaxes pintadas por Lloréns.

Pena Corneira

Pena Corneira / Felipe Senén

Enxebres lugares, cargados de arqueoloxía e lendas, locus amoenus, patrimonio cultural, merecedor de constantes atencións, de controlar e equilibrar a foresta, a campa, de evitar a tendencia ao intervencionismo que tanto descontextualiza o lugar de encontro na romaría.

Схожие новости

#Наименование новостиТональностьИнформативностьДата публикации
1Inéditos del Padre Galo: del pasu'l tiempu a ochobre del 34011.3830-01-2026
2La España Mágica, desde el Castro Santa Tecla06.6411-08-2026
3El sabor sagrado de Galicia: Santerra Albariño, donde el Atlántico se convierte en vino5718-06-2026
4El valle berciano donde un santo mandó callar a la naturaleza0515-06-2026
5 La ruta de Ordesa que combina hayedos, cascadas y montaña en un solo recorrido: recorre varios paisajes en pocas horas 04.518-09-2026
6 El edén de flores de Sant Llorenç del Munt 06.5223-07-2026
7Xosé Mª Rodríguez: «Contar histories al llar yera normal na mio neñez»07.905-12-2025
8El colegio invisible extra |  La España mágica: Galicia5714-10-2025
9El Colegio Invisible Extra | La España Mágica: Ourense5705-04-2025

Классификация: . Схожих патентов: 0. Схожих новостей: 9. Тональность: 0. Информативность: 5.78. Источник: www.laopinioncoruna.es.