Despois do golpe franquista e da guerra moitas ilusións galeguistas que abondaban na dignidade da cultura e na economía, botáronse a perder, tal como o Seminario de Estudos Galegos, nacido no 1923, que tanto significaba arredor das pescudas desas orixes nas que radica a orixinalidade do pobo galego. Parte «espiritual» que poñían na chamada cultura celta, así como na singular cristiandade priscilianista, franciscanista. Non era para menos no Confín dos verdes castros, de tesouros e lendas dos mouros de festas arredor dos Catro Elementos... así como de cruceiros, ermidas, romarías, mosteiros, grandiosas catedrais, e todo baixo a aura dun europeísmo que se quería consolidar.
Despois do golpe franquista e da guerra moitas ilusións galeguistas que abondaban na dignidade da cultura e na economía, botáronse a perder, tal como o Seminario de Estudos Galegos, nacido no 1923, que tanto significaba arredor das pescudas desas orixes nas que radica a orixinalidade do pobo galego. Parte «espiritual» que poñían na chamada cultura celta, así como na singular cristiandade priscilianista, franciscanista. Non era para menos no Confín dos verdes castros, de tesouros e lendas dos mouros de festas arredor dos Catro Elementos... así como de cruceiros, ermidas, romarías, mosteiros, grandiosas catedrais, e todo baixo a aura dun europeísmo que se quería consolidar.
Remitímonos á militancia panceltista de Phileas Lebesgue, da Picardia gala, editor de Le Mercure de France, polígrafo, coñecido como o novo Gran druída dos celtas galos, contaxiando saudades por paraísos perdidos, esperando por nun novo Arturo, buscando coincidencias «celtas», coincidindo co exquisito círculo amarantino de Teixeira de Pascoaes, así como no núcleo ourensán, no que Vicente Risco era motor de ideas, creador de confrarías, irmandades, seminarios... a furar na dialéctica, entre anxos e demos. Tras deste sentir estaban as teimas e as pescudas arqueolóxicas do tamén ourensán, Florentino López Cuevillas (1886-1958), fundamental no galeguismo intelectual que distinguiu á Xeración Nós (plural e distinguido), como ao Seminario de Estudos Galegos, con Risco, Otero Pedrayo, Castelao... relacionado coa investigación europea, especialista nos vencellos coas illas británicas. No 1953 autor dunha obra referente, reeditada no 1983 cun clarificador prólogo do arqueólogo e profesor José Manuel Gómez Tabanera, La civilización céltica en Galicia, ano da primeira edición coincidente co III Congreso Nacional de Aqueología, cando se tenta escamotear o celtismo de base romántica e modernista e no que radicarán asociacións, ligas célticas galegas, leonesas, asturianas, cántabras...

Frontal do Castro de Formigueiros, Amoeiro. / Felipe Senén
Castros, torques, a arte, referencias a ‘celtici’, o orientalismo, as relacións coa Irlanda celta...Co golpe de Estado franquista fendeuse a idea de crear unha cátedra de estudos panceltistas, implicada en estudar e promover as relacións entre o occidente atlántico. As cousas viraron, profesores do novo réxime substituíron e ocuparon a universidade compostelán e a celtofobia petou coa celtofilia. Terxiversáronse as crónicas grecolatinas da antigüidade que se referían aos poboadores do noroeste ibérico, os galaicos para os romanos, os seus outros, «celtas» ou «celtiberos». Confín, o Plus Ultra das Columnas de Hércules, rutas que dicían xa eran coñecidas por fenicios, mercadores tartésicos e gregos e probas arqueolóxicas haber hainas. Tampouco parecía abondar coa singularidade dos numerosos hábitats castrexos, o que presupón unha organización, ao que sumar as numerosas insignias de casta e rango «celta» aparecidas, onde máis, as diferentes tipoloxías de torques e arracadas, leccións dunha refinada ourivería... así como á mesma abundancia de espadas de antenas, as que acabarían sendo adaptadas polos romanos como gladius hispaniensis. As particularidades das cerámicas e escultóricas, o abuso dos motivos decorativos xeométricos, dos temas cosmogónicos, rosáceas, trisqueles de herdos orientais... as singulares esculturas dos guerreiros galaicos, que en Portugal fan lusos. Nin tampouco se lle fixo demasiado caso á documentación epigráfica referida a galaicos como «celtas», tal como a estela do Monte Ladairo en Verín, a que nos fala de Latronius, fillo de Celtiaso, como a atopada en Andiñiela da Maragatria, na memoria de Eburia, filla de Calverno, a que presume de ser dos celtas supertamaricos e as leonesas vadinienses como tantos con antropónimos celtas... a de Crecente, en Lugo, dedicada a Apana, filla de Ambolo céaltica supertamarica, en Idanha Velha a de Celtio, como o epígrafe de Celtio en Balsemao (Lamego) e máis. Tendo en conta que os mesmos continxentes romanos íanse conformando por aguerridos mercenarios «celtas», cotizados équites, velaí as cohors celtiberorum, tal como se estampa en tégulas do campamento romano de Cidadela (Sobrado). E algo moi importante no haber celta galego, as raiceiras toponímicas, bri, breg, briga... asociadas con antigos hábitats murados e a gal, tan común e enigmática no ambiente céltico, en relación cos abundantes mitos e lendas de Eirín, tal como a de Breogán, a que nos remite ao Libro das Invasións a Irlanda, o Leabhar Ghabhála do sec. XII, recollendo contos mais antigos sobre os que se recrearán outros que avivan periplos marítimos que van de Exipto a Irlanda, transportando a Pedra do Destino. Seguidas de navigatios como a de Xosé de Arimatea levando o Grial a Escocia, San Barandán, San Amaro, Trezenzonio... odiseas oriente-occidente. E unha incomparable e inspiradora saga de santiños e comunidades relixiosas, de ermitáns cavernícolas, dendritas, estilitas... cristianizando lugares de cultos panteístas, covas, aras, árbores, fontes... asunto que o panonio Martiño de Dume, (sec. VI), seguidor do seu paisano e homónimo, cristianizador dos celtas galos, Martiño de Tours e que asenta na bracarense para anatemizar aqueles cultos co seu De correctione Rusticorum. E a devoción ao santo cabaleiro Martiño de Tours, imaxe que comparte retablos con outros santos cabaleiros, San Xurxo e Santiago...un xeito de dar pervivencia aos celebrados equites galaicos, onde radican as novelas de andanzas cabaleirescas, a de Arturo e a súa Demanda do Grial. Secuencia «máxica» que se enguedella e multiplica, como en ningunha outra parte do mundo, en contos e grimorios como o Libro Máxico de San Cibrao, atribuído a este santo, o Mago de Antioquía e que interesadamente se confunde co homónimo de Cartago, dando nome a tantas parroquias. E para incrementar o imaxinario cultural celta as pervivencias de cultos e festas panteístas, a cultura da taberna... a tendencia ao misterio, á teosofía, o terror... os preferidos.
Preocupación pola ‘Galicia Celta’ nos círculos universitarios madrileñosPor algo, dende a mesma romanización deste confín a que abriu ao cambio de era, tempos de Augusto, sóubose celebrar a conquista do noroeste, a que máis tarde conformaría a Gallaecia, acuñando en Lugo unha moeda que no seu reverso leva a caetra, o escudo, o pilum ou lanza, o gladium, cos que singularizar ás tribos célticas destes confíns.
Na universidade compostelán franquista prendeu a celtofobia e con ela certa mofa, befa, choteo ou cachondeo... outorgándolle unicamente o de celtas a esa marca do tabaco, así como ao equipo de fútbol vigués... asunto no que teimaba o profesor Carlos Alonso del Real, sintetizado nun prólogo do 1959, no que o tamén profesor Ramón Otero Túñez homenaxea e fai a unha biografía artística de quen o galeguismo dicía o escultor da raza, Asorey. Insistindo en que as raiceiras de Galiza están na fonda pegada neolítica e no universo grecolatino, certo tamén. Como paradoxo, en círculos universitarios madrileños non se perdía esa asociación céltica con Galicia, como proban os traballos do arqueólogo e profesor da Complutense Martín Almagro Gorbea, especialista na cultura ibérica e céltica, autor de infinidade de libros e comisario de exposicións sobre o tema, animando a alumnos a muiñar no asunto. Arqueólogo que clarificou a función dos singulares monumentos con «pedras fermosas», como saunas castrexas, entendidas deica entón como funerarias. No grandioso castro portugués de Tongóbriga (Entre-os-Rios, encontro Támega-Douro) enténdese moi ben o reaproveitamento romano, igual que no pequeno castro do Chao de San Martín (Grandas de Salime). No referente a mitos celtas é sobranceiro o traballo do madrileño, profesor Ramón Sainero, da Academia da Historia, creador dun Instituto de Estudios Celtas, avivando as relacións entre Galiza e Irlanda.
A quen lle fai mal que Irlanda, Escocia, Gales, Bretaña ou Galicia prolonguen de xeito diacrónico, afiancen e celebren o seu celtismo prerromano, romano, cristián, musical, artístico, tabernario? Namentres a espiral das pescudas arqueolóxicas seguirán a clarificar as orixes e, aínda así, a forza do espírito, como dicía Risco, cinca para adiante.
Suscríbete para seguir leyendo